L2401020 Metodoloxías activas en educación
Este mes de novembro apostamos por unha educación moderna e inclusiva. A través da actividade L2401020 Metodoloxías activas en educación, de 20 horas presenciais de duración, afondaremos na neuroeducación, o ABP, o xogo e a gamificación. Esta formación terá lugar no CFR de Lugo os días 7, 11, 14, 21 e 27 de novembro. Contaremos para ela cos mellores relatores posibles: Carlos González, Laura Lorenzo, María José López Novo, Iciar Santalla e Rocío Rodríguez. Aínda podes inscribirte en FProfe antes do 31 de outubro.
Obxectivos
1. Identificar estratexias de xestión da aprendizaxe fomentando a inclusión do alumnado.
2. Deseñar unha proposta didáctica innovadora, tendo en conta o desenvolvemento competencial e a creatividade.
3. Achegar técnicas e instrumentos de avaliación.
Contidos
1. Formación en metodoloxías activas a través do traballo colaborativo, da docencia compartida e da figura alumno/a-titor/a.
2. Deseño dunha proposta didáctica.
3. Técnicas e instrumentos de avaliación.