L2402006 A radio escolar como recurso para o desenvolvemento da competencia comunicativa

10 horas presenciais neste mes de outubro
O CIFP As Mercedes é o lugar de celebración elixido
Lun, 14/10/2024 - 13:33
radio

A radio escolar é unha ferramenta que permite traballar por proxectos desenvolvendo no alumnado habilidades sociais e comunicativas, favorece a convivencia e a resolución de conflitos, permite a atención á diversidade, fomento dunha educación inclusiva...
É por isto, e moito máis, polo que ofertamos esta nova actividade no CFR de Lugo. L2402006 A radio escolar como recurso para o desenvolvemento da competencia comunicativa conta con dez horas de formación presenciais (no CIFP As Mercedes de Lugo) neste mes de outubro. 

 

Relatores

Pablo García Fernández (Pablo Chichas).
Radio Estrada (A Estrada).

 

Experiencias educativas

Esteban Folgar Brea, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada).
Diego Sal Julio, CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei).
Lois Manoel Toirán Vázquez, CPI Luís Díaz Moreno (Baralla).
Santiago Veloso Troncoso, Ponte nas... Ondas! (Gondomar).

 

Obxectivos

1. Explorar as posibilidades da radio escolar como ferramenta AMI.

2. Explorar as posibilidades da radio escolar en diferentes recursos audiovisuais.

3. Coñecer diferentes experiencias innovadoras de centros que contan cunha radio escolar.

Contidos

1. Montaxe dun estudo de radio nun centro educativo.

2. A linguaxe radiofónica: a radio e as habilidades comunicativas.

3. Edición e produción de son: o podcast como ferramenta educativa.

4. A radio escolar: un espazo para a creación comunitaria.

Menús CAFI node R

 

Sección