L2401010 Comunicación eficaz docente

A actividade terá lugar no CFR de Monforte neste mes de outubro
20 horas de formación para mellorar a comunicación interpersoal
Xov, 03/10/2024 - 13:11
eficaz

Este mes de outubro traballamos a correcta comunicación dos nosos profesores no CFR de Monforte de Lemos. Farémolo nas 20 horas da actividade L2401010 Comunicación eficaz docente. Un curso impartido na súa totalidade polo relator José Manuel Dopazo Mella os próximos 7, 9, 14, 16, 21 e 23 de outubro.

Obxectivos

1. Mellorar a comunicación interpersoal para a función docente.

2. Adquirir ferramentas para a comunicación eficaz.

3. Construír un discurso eficaz manexando o espazo de acción.

 

Contidos

1. Comunicación eficaz: estrutura e estratexias do discurso.

2. Linguaxe non verbal: adestramento da voz e do corpo.

3. A mensaxe: estrutura, contido e ideas clave.

4. A posta en escena.

Menús CAFI node R

 

Sección