L2401035 Xestión do benestar do alumnado

A entrada da educación emocional nas aulas da mans de docentes competentes na materia contribúe ao coidado intrapersoal e interpersoal e á mellora do clima de convivencia nos centros educativos. Esta actividade, L2301035 - Xestión do benestar do alumnado, pretende servir para formar ao profesorado na adquisición de estratexias e dinámicas dirixidas ao coidado das persoas e das relacións.
Tes ata o 23 de setembro para inscribirte en Fprofe.
Mar, 17/09/2024 - 11:06
Benestar do alumnado
L2401035

Lugar de celebración: CFR de Lugo.

Relatora: Yolanda Fernández López (IES Perdouro de Burela).

Datas: 5 sesións presenciais en mércores ou xoves, do 10 de outubro ao 21 de novembro.

Horario: 17 a 20 horas.

Ademais o curso inclúe 5 horas non presenciais que se corresponden coa realización na aula  dalgunha acción práctica relacionada coa xestión do benestar emocional do alumnado.

Obxectivos

1.Coñecer o marco teórico da intelixencia emocional para favorecer a xestión do benestar.

2.Adquirir mecanismos prácticos de detección e intervención de problemas emocionais e desenvolver actuacións de aula e centro para a prevención e detección de problemas socioemocionais no alumnado.

3.Implementar na aula actividades de benestar emocional.

 

Contidos

1.Marco teórico da intelixencia emocional. O desenvolvemento das competencias emocionais.

2.Mecanismos prácticos de prevención e detección de problemáticas de tipo emocional no alumnado. Factores de protección e indicadores de risco.

3.Estratexias e pautas de intervención ante situacións de risco.

Menús CAFI node R

 

Sección