L2401038 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1
Seguimos apostando forte polas Linguas neste inicio de curso. Presentamos unha nova actividade de Inglés para a zona da Mariña, concretamente en Ribadeo: L2401038 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1. A mesma terá lugar na Aula 3D da EOI Ribadeo durante a meirande parte dos martes do curso académico, ata completar 60 horas de formación. O horario será de 20:00 horas a 22:00 horas e para participar resulta imprescindible ter acreditado o nivel anterior no idioma (B2).
OBXECTIVOS
1. Utilizar o idioma con fluidez e naturalidade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, adaptándose con facilidade a unha gama extensa de situacións e rexistros.
2. Comprender e producir textos complexos sobre temas xerais, da súa especialidade e/ou dos ámbitos académico e profesional, cun bo dominio dun repertorio amplo de recursos lingüísticos.
3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións aspectos socioculturais e léxico.
CONTIDOS
1. A comunicación: idiomas e sociedade.
2. As relacións persoais, a cultura, a economía, o mundo natural,...
3. As relacións sociais, académicas e profesionais.
4. Recursos idiomáticos: usos idiomáticos frecuentes.
5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.
6. Utilización das TIC.