Axudas a concellos para a redución do abandono escolar para o ano 2012
Para tentar axilizar o proceso informático, os concellos interesados en participar desta convocatoria deben ter en conta o seguinte:
Se a persoa que vai ser responsable da tramitación destas axudas por parte do concello solicitante xa dispón dunha conta concelloXXX@edu.xunta.es coa que o concello xa tramitou as axudas de apertura de centros fóra do horario lectivo o ano pasado (acace 2011), recibirá nos vindeiros días unha comunicación no seu correo electrónico de contacto con instrucións de reactivación da conta.
Se a persoa responsable da tramitación das axudas por parte do concello solicitante non dispón de conta no dominio edu.xunta.es, requisito establecido na convocatoria, deberá:
Enviar por fax ao número 981546550 un escrito dirixido a: "Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación educativa. Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa", no que conste o nomeamento da persoa responsable para realizar os trámites necesarios para participar na convocatoria de subvencións a concellos para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar (Orde do 1 de marzo de 2012).
No escrito deberán constar os seguintes datos:
-Nome e apelidos da persoa responsable, DNI e conta de correo electrónico de contacto (na que recibirán as claves).
-Nome e CIF do concello.
Para máis información pode dirixirse a:
- Asesoría de Programas Educativos
- 881 997 096