Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 21 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesiona (598) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 23 de febreiro ata o día xoves 7 de marzo de 2024, ambos incluídos..
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 23 de febreiro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
Resolución do 21 de febreiro de 2024 convocatoria corpo 598 Resolución provisoria do 11 de marzo de 2024 (598) Baremo provisorio (598) Listaxe provisoria de persoas excluídas (598) Resolución definitiva do 18 de marzo de 2024 (598) Baremo definitivo (598) Listaxe definitiva de persoas excluídas (598)