Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2024
Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 19/02/2024
Código do procedemento: ED481A
Prazo de presentación de solicitudes: o prazo será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación da orde no DOG ( ata o 19/03/2023, incluído).
Cal é o obxecto destas axudas?
A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.
Quen pode solicitar estas axudas?
-
A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).
-
A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda:
-
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
-
Intensidade da axuda: 100 %
-
Duración das axudas: un máximo de 4 anos
-
Orzamento total: 11.893.200,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.399.200,00 euros)
Número e importe das axudas
Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
O importe máximo de cada axuda é de:
-
24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato
-
29.000 € durante o cuarto ano
-
30.000 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral
Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
-
Estadías no estranxeiro de tres meses de duración que terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:
-
Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
-
Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).
-
Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
-
Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía. ( Complemento 1 )
-
Establécese un complemento de 800€ no primeiro ano de contrato e de 400€ no segundo ano de contrato para cubrir os gastos das persoas candidatas en relación ao correspondente programa de doutoramento ( Complemento 2 ). ( Ditas cantidades non terán a consideración de soldos ).
-
Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total de 3.400,00 euros.
A onde acudir?
Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980 /881995157
Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 27 de decembro de 2023: Convocatoria (DOG) Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG) Anexo III. Declaración Modelo de certificado de director da tese (Formulario doc) Requisitos e méritos Preguntas frecuentes Retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-27 Memoria-formulario adecuación RIS3 Galicia Lista provisional de admitidos e excluidos: Predoutorais 2024 Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: Predoutorais 2024 Proposta de resolución de concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral 2024 Resolución de concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral 2024 (DOG) Instrución da SXU para a recompilación de indicadores de comunicación polas entidades do SUG 2ª RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN DAS AXUDAS DE APOIO PREDOUTORAL 2024 Instrución 11/2024 en relación ás axudas vixentes con estadías de investigación previstas ou en proceso de realización