L2302014 - Obradoiro kit Aqualab. Iniciación
Eres profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía ou Agraria? Queres pasar un sábado de marzo con nós? Pois, temos a actividade perfecta para ti. L2302014 - Obradoiro kit Aqualab. Iniciación contará con oito horas de docencias o próximo sábado 9 de marzo (10:00 horas a 14:00 horas e 16:30 horas a 20:30 horas) na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Campus de Lugo. R/ Benigno Ledo, 27002, Lugo).
Jorge Dafonte Dafonte e Miguel Ángel González García (profesores na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo) serán os encargados de ofrecer todos os contidos necesarios para manexar este Kit. Por certo, dotarase dun Kit Aqualab para o centro. A inscrición segue aberta en FProfe. Para calquera dúbida ou consulta, podes dirixirte á asesora Marta Arias López a través do seguinte correo electrónico: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.gal
Obxectivos
1. Crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos e científico-sociais.
2. Dar formación ao profesorado de ensino secundario na metodoloxía científica e investigadora.
3. Experimentar co Kit Aqualab para desenvolver experiencias e proxectos de ámbito científico na aula.
Contidos
1. Microcontroladores e sensores para a medida de contido de auga no solo: montaxe, programación e introdución á Arduino.
2. Calibración dun sensor de medición do contido de auga no solo: calibración, táboa de datos nunha folla de cálculo e representación gráfica.
3. Balance de auga no solo: balance hídrico con sensores de contidos de auga no solo, elementos e medición.