L2301008 - Atención educativa do alumnado con TDAH
Queremos presentar unha nova actividade para este trimestre. L2301008 - Atención educativa do alumnado con TDAH pretende contribuír á formación continuada na abordaxe do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). En colaboración coa Fundación INGADA e Fundación María José Jove, estas 20 horas de formación axudarán aos nosos docentes no tratamento do alumnado con estas necesidades tan específicas. Cabe destacar que 5 destas horas serán non presenciais e xustificaranse coa entrega dun proxecto, co que ademais se poderá optar a beca en caso de desexalo.
A actividade terá lugar no Salón de actos do CFR Lugo os días 28 de febreiro (17:00 a 20:00 horas) e o 6,13 e 20 de marzo (17:00 a 21:00 horas). A data límite para a entrega do proxecto será o 22 de abril de 2024. A inscrición pode realizarse a través de FProfe. Tódalas dúbidas serán consultadas pola asesora Marta Arias López no seguinte enderezo electrónico: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.gal
Relatores
María Cristina Casal Pena
Octavio Augusto Susacasa Noval
Ana Fátima Gómez Suárez
Obxectivos
1. Coñecer as características do TDAH.
2. Adquirir estratexias metodolóxicas e de autorregulación da conduta así como das distintas técnicas, medidas e recursos que favorecen a atención educativa do alumnado con TDAH.
3. Experimentar na aula propostas metodolóxicas e recursos que melloren a resposta educativa e a inclusión do alumnado con TDAH.
Contidos
1. Características do TDAH. Estratexias metodolóxicas, de autorregulación emocional e manexo da conduta.
2. Medidas e recursos que favorecen a atención ao alumnado con TDAH. Organización de espazos e tempos. Adaptación de probas de avaliación.
3. Metodoloxías inclusivas. Experiencias prácticas.