Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24

Ven, 19/01/2024 - 10:33
i

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24

Os centros premiados na categoría A, correspondente cos ciclos de educación infantil, primaria, educación especial e centros rurais agrupados, son os seguintes:

  • Primeiro premio: CEIP Plurilingüe de Outes (Outes, A Coruña)
  • Segundo premio: CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa, Pontevedra)
  • Terceiro premio: CEIP Plurilingüe nº1 (Tui, Pontevedra)
  • Mención de honra: CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo, Pontevedra)

Na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, os premiados son:

  • Primeiro premio: CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda, A Coruña)
  • Segundo premio: IES Maximino Romero de Lema (Zas, A Coruña)
  • Terceiro premio: CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña)
  • Mención de honra: IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense)