L2302006 - Integración das novas tecnoloxías no ensino das linguas cooficiais
Se eres un namorado das linguas e das novas tecnoloxías, este é a túa actividade. L2302006 - Integración das novas tecnoloxías no ensino das linguas cooficiais contará con 15 horas de relatorios de nivel da man dunha institución educativa como Carlos Parada.
Estas xornadas celebraranse no CFR Lugo entre o 22 de xaneiro e o 5 de febreiro (luns e xoves) en horario de 17:00 horas a 20:00 horas. O prazo de inscrición atópase actualmente pechado. No caso de quedar algunha praza libre de última hora, podes escribir un correo a cfr.lugo.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal para que a túa solicitude se teña en conta.
Obxectivos
1. Poñer en valor a utilización das linguas cooficiais na creación de contidos virtuais, dixitais e audiovisuais que promovan a comunicación verbal.
2. Planificar e crear recursos educativos de comunicación verbal en contornos virtuais, dixitais e audiovisuais.
3. Aplicar estratexias que promovan entre o alumnado a utilización da lingua propia nas diversas canles de difusión virtual, dixital e audiovisual existentes.
Contidos
1. Coñecemento de ferramentas e recursos para a mellora da competencia discursiva do alumnado.
2. Planificación e creación de recursos educativos de comunicación verbal nas linguas cooficiais en contornos virtuais, dixitais e audiovisuais.
3. Deseño de estratexias e ferramentas para a promoción da utilización da lingua propia nas diversas canles de difusión dixital e audiovisual.
4. A utilización das plataformas dixitais e virtuais como recurso metodolóxico que favorece o tratamento integrado das linguas a partir da creación de secuencias discursivas.