Título node Learning object

Preséntase a Guía escolar para a sensibilización sobre os riscos costeiros na Conferencia ANCORIM en Vigo
Ven, 02/03/2012 - 12:33
Galicia e as ciencias do mar

O vindeiro día 15 de marzo o Centro Tecnolóxico do Mar da Fundación CETMAR presenta unha nova Guía escolar para a sensibilización sobre os riscos costeiros, dirixida a alumnado de 14 a 17 anos, durante a Conferencia ANCORIM: Rede Atlántica para a Xestión dos Riscos Costeiros. (Acceso ao tríptico da Conferencia). Para inscribirse de xeito gratuíto nesta xuntanza deberán dirixirse ao correo electrónico davidc@uvigo.es
Os materiais de ANCORIM dirixidos a escolares e moitos outros recursos para facilitar o ensino das ciencias do mar están dispoñibles na web dirixida á comunidade escolar Galicia e as ciencias do mar.

Aparte dos recursos desta web, ofrécense a continuación ligazóns ás páxinas e guías ofrecidas por ANCORIM:

Menús Learning object node R