Unha vintena de centros de toda Galicia incorporan ás súas aulas o modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas! recoñecido pola Unesco

A convocatoria para incorporar esta experiencia ao sistema educativo público galego espertou o interese de case 40 centros

O obxectivo é contribuír, desde a escola, á salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas

Mér, 03/01/2024 - 13:34
p

Unha vintena de centros educativos de toda Galicia incorpóranse este curso, nunha primeira fase experimental, ao modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas!, recoñecido pola Unesco en 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou a resolución de centros seleccionados nunha convocatoria que espertou o interese de case 40 centros de ensino.

O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público o modelo internacional Ponte... nas Ondas!, recoñecido polas Nacións Unidas como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.

Os centros que se incorporan este curso á Rede de centros Ponte... nas Ondas! son os reflectidos na seguinte táboa:

 

Provincia

Concello

Centro

Coruña, A

Ferrol

IES de Catabois

Coruña, A

Muros

IES Plurilingüe Fontexería

Ourense

Coles

CPI Plurilingüe Antonio Faílde

Ourense

Pereiro de Aguiar, O

CEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey

Ourense

San Cristovo de Cea

CPI Virxe da Saleta

Pontevedra

Estrada, A

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Pontevedra

Gondomar

IES Plurilingüe Terra de Turonio

Pontevedra

Mos

CEIP de Petelos

Pontevedra

Ponte Caldelas

IES de Ponte Caldelas

Pontevedra

Ponteareas

IES do Barral

Pontevedra

Pontevedra

IES Luís Seoane

Pontevedra

Pontevedra

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Salceda de Caselas

CEP Altamira

Pontevedra

Salceda de Caselas

IES Pedras Rubias

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEP Carlos Casares

Pontevedra

Salvaterra de Miño

IES de Salvaterra de Miño

Pontevedra

Tui

IES Indalecio Pérez Tizón

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Seis do Nadal

Pontevedra

Vigo

EEI Vila Laura

Pontevedra

Vigo

IES Politécnico de Vigo

 

Escola, radio, patrimonio e lazos coa lusofonía

O modelo Ponte... nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses. A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

Coa incorporación paulatina deste modelo ao sistema educativo público galego, a través do cal búscase reforzar a implicación dos nenos e mozos nas súas propias tradicións e crear conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial, a valorización do propio e garantir a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal. Os centros educativos participantes contarán cunha serie de recursos e serán recoñecidos como centros Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI).