Título node Learning object

Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
Lun, 27/02/2012 - 09:01

Esta circular regula as aulas de atención educativa e convivencia que son aquelas establecidas para atender ao alumnado que, pola súa conduta disruptiva, impida o normal desenvolvemento do traballo do seu grupo-clase. Nelas, este alumnado, baixo a responsabilidade do profesorado de garda na dita aula, realizará tarefas específicas correspondentes ás aprendizaxes básicas do curso do que proceda.