L2303004 - Formación para a solicitude de proxectos plurianuais de centros escolares no Programa Erasmus+

15 horas presenciais no CFR Lugo.
As inscricións de última hora poden realizarse no enderezo electrónico: fanipineiro@edu.xunta.gal
Lun, 23/10/2023 - 13:21
erasmus

O programa Erasmus+ é unha das liñas mestras do CFR Lugo para esta década. Por iso, este venres comezamos a actividade L2303004 - Formación para a solicitude de proxectos plurianuais de centros escolares no Programa Erasmus+. Este encontro terá lugar nos días 27 e 28 de outubro e 3 e 4 de novembro.  Os relatores serán Francisco Ávila, Gema Isabel Castro, Roberto Carlos Núñez e Lucía Penabad. As inscricións de última hora poden realizarse no seguinte enderezo electrónico: fanipineiro@edu.xunta.gal

 

Obxectivos

1. Coñecer a estrutura, accións e prioridades do Programa Erasmus+ e do proceso de acreditación plurianual de centros educativos.

2. Adquirir estratexias para a planificación e redacción da solicitude de acreditación Erasmus+ para centros educativos.

3. Promover o desenvolvemento dun plan de internacionalización nos centros educativos.

 

Contidos

1. Programa Erasmus+ 2021-2027: accións e prioridades.

2. Procedemento de diagnóstico e detección de necesidades no contexto da internacionalización.

3. Plan de Internacionalización de centro.

   3.1. Equipo de internacionalización e atribución de responsabilidades.

   3.2. Obxectivos.

   3.3. Avaliación, seguimento e difusión.

4. Criterios de elixibilidade de solicitudes.

Menús CAFI node R

 

Sección