L2301028 - Normativa para a inclusión e a atención á diversidade

12 horas presenciais en Monforte de Lemos.
Impartidas pola Inspectora de Educación Branca Nazaré Guerreiro
Xov, 19/10/2023 - 10:50
normativa

A actualización normativa é de suma importancia para o profesorado do noso ámbito. Por iso, levamos á nosa sección de Monforte de Lemos a actividade L2301028 - Normativa para a inclusión e a atención á diversidade. 12 horas presenciais impartidas pola Inspectora de Educación Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, que falarán de leis, decretos e atención á diversidade. Este curso terá lugar no propio CFR de Monforte de Lemos os días 23, 25 e 30 de outubro en horario de 16:00 horas a 20:00 horas.

 

Obxectivos

1. Analizar as novidades normativas relacionadas coa atención á diversidade.

2. Reflexionar sobre as implicacións desta normativa para mellorar a inclusión no centro e na aula.

3. Contextualizar os aspectos fundamentais da normativa relacionada coa atención á diversidade e á realidade dos centros.

 

Contidos

1. Actualización normativa en relación á atención á diversidade.

2. Implicación da normativa na organización do centro.

3. A atención á diversidade na aula: novas perspectivas.

Menús CAFI node R

 

Sección