L2301038 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas
A Educación Física entra en escena neste trimestre. A través da actividade L2301038 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas, os mestres da especialidade de Educación Física poderán actualizar os seus contidos e metodoloxías no relativo a este tradicional deporte. Santiago Ferrer Alonso exercerá de mestre de cerimonias dun curso, de 16 horas presenciais, que se celebrará no CEIP Rosalía de Castro de Lugo os días 18, 19 e 26 de outubro (16:30 a 20:30 horas). A última das sesións desenvolverase neste trimestre, nunha data que se fixará na xornada inaugural, e co alumnado de cada docente participando da mesma.
Obxectivos
1.Coñecer o atletismo e as súas posibles adaptacións ao ámbito escolar.
2.Aprender as progresións didácticas de diferentes modalidades técnicas.
3.Implementar a práctica do atletismo en contextos deportivos escolares.
Contidos
1.Programa Xogade. Atletismo en pista.
2.Normativa básica do atletismo adaptada a alumnado de primaria.
3.Progresión didáctica de diferentes modalidades atléticas.
4.Propostas didácticas para a iniciación ao atletismo.