Campaña de vixilancia da saúde 2023/2024 para persoal docente e non docente de centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Lun, 25/09/2023 - 09:05
Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2023/2024
Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2023/2024

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para o curso académico 2023/2024.
 
É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
 
A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.
 
A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
 
A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

Prazos de inscrición :

  • Para o persoal nomeado con anterioridade ao 27/09/2023: Do 27.09.2023 ao 16/10/2023.
  • Para o persoal nomeado con data igual ou posterior ao 27/09/2023: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a súa toma de posesión.
  • Para o persoal substituto: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2023, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.