Resolución do 7 de setembro de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral reguladas na Orde do 14 de xuño de 2023
Xov, 14/09/2023 - 10:05
Xúntase a Resolución do 7 de setembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).