Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2023

Mar, 27/06/2023 - 10:32

Programa: Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral

Data de publicación DOG: 27/06/2023

Código do procedemento:  ED481D e IN606C

Prazo de presentación de solicitudes: do 28/06/2023 ao 27/07/2023

 

Cal é o obxecto destas axudas?

A finalidade desta convocatoria é posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

 

Novidades desta convocatoria:

  • A acción que se propón para a consecución destes obxectivos é o financiamento dun contrato de dous anos de duración e unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato da modalidade A da convocatoria de axudas de formación posdoutoral do ano 2019 que non renunciara ao contrato, e ao persoal doutor investigador que estivo contratado ao abeiro da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2018 que tivo unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizou o contrato e que non se presentou á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2022.

  • A duración global da axuda é dun máximo de dous anos

 

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía ) radicados en Galicia.

 

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

  • Intensidade da axuda: 100 %

  • Duración das axudas: un máximo de 2 anos

  • Orzamento total: 2.426.500,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 316.500,00 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 2.110.000,00 euros)

 

Número e importe das axudas

Poderanse conceder ata 23 axudas, coa seguinte distribución:

  • 20 para as universidades do SUG.

  • 3 para as demais entidades.

Os importes destas axudas son os seguintes:

  • Unha axuda de ata 38.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais

  • Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación, cuxos conceptos subvencionables se indican no artigo 4 da orde da convocatoria, coa seguinte desagregación por anualidades: 5.000 € no ano 2023, 10.000 € no ano 2024 e 10.000 € no ano 2025 ( para que estes contratos sexan financiables será preciso que as persoas contratadas permanezan un mínimo de tres meses no programa ).

  • Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 € anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

  • Inclúese no 2025 unha cantidade de 2.500 € para o pago das indemnizacións por fin de contrato.

 

A onde acudir?

Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG):

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135

Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

Información web: http://www.edu.xunta.gal

Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Rúa Airas Nunes, s/n

15702 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881999213 / 981543991

Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal

Información web: http://gain.xunta.gal