Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2023/2024
Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes e as ANPAS-AFAS o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade, oferta que pon de manifesto o compromiso da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante e solidaria.
Neste novo curso, o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais..., charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Para poder participar, achégase a seguinte documentación: