L2301040 - Formación para profesorado en produción e comprensión oral. Inglés. Nivel B2

60 horas presenciais que se levarán a cabo na EOI Lugo.
O prazo de inscrición atópase aberto
Lun, 11/09/2023 - 11:59
b2

Volven as aulas un novo setembro e con elas os nosos cursos de idiomas. Hoxe presentámosvos a actividade L2301040 - Formación para profesorado en produción e comprensión oral. Inglés. Nivel B2, co obxectivo de mellorar as competencias orais en lingua inglesa. 60 horas presenciais que se levarán a cabo na EOI de Lugo do 26 de setembro ata o 30 de xaneiro de 2024. Os martes e os xoves, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas tedes unha cita co Inglés!

 

Obxectivos

1.Interactuar espontaneamente en conversas sobre temas de interese persoal ou relacionados coa súa especialidade.

2.Dar opinión e argumentar, aínda que con algunhas limitacións e dificultades, en conversas e debates sobre temas coñecidos.

3.Sintetizar e transmitir oralmente a terceiras persoas o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais, os detalles máis relevantes, as opinións e actitudes, recompilados de diversos textos orais ou escritos procedentes de distintas fontes.

 

Contidos

1.Temas de actualidade como: saúde e alimentación, ciencia e tecnoloxía, redes sociais, compras e actividades comerciais.

2.Cultura e actividades artísticas, economía, política e sociedade, identidade persoal, información e medios de comunicación.

3.Lecer e tempo libre, relacións persoais e sociais, traballo, educación, vivenda, viaxes e estadías no estranxeiro...

 

Menús CAFI node R

 

Sección