L2301031 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación primaria

Actividade de 20 horas, das cales 3 horas serán non presenciais.
O prazo de inscrición atópase aberto ata o próximo 15 de setembro
Mér, 06/09/2023 - 12:49
curriculo

Neste primeiro trimestre resulta esencial actualizarse no tocante á elaboración dos novos currículos. Coa actividade L2301031 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación primaria vimos a cubrir esa necesidade demandada polo noso profesorado. Tes ata o 15 de setembro para inscribirte completamente gratis en FProfe.

Datas: 27 e 28 de setembro (17:00 a 20:00 horas), 3 e 4 de outubro (16.30 a 20.30 horas) e 16 de outubro (17:00 a 20:00 horas). Ademais haberá unha sesión non presencial para a elaboración dunha programación a través de PROENS (data límite de entrega: 23 de outubro). 

Lugar de celebración: CFR de Lugo.

Relatores: Íñigo Barreiro García (Inspector de Educación), Manuel Felpeto (CEIP San Tomé de Cambados), Nuria Garabal e Marta Álvarez (CEIP Nº1 Tui) e Mª Luísa Casanova (Asesora ADIX).

 

Obxectivos

1.Coñecer e analizar as características e estrutura do currículo de cara á elaboración da programación por ámbitos.

2.Adaptar a programación de cada área e nivel ás instrucións en vigor.

3.Establecer procedementos e instrumentos de avaliación acordes ao currículo.

 

Contidos

1.Marco legal. Estrutura do currículo.

2.A aprendizaxe interdisciplinar e competencial: programar por ámbitos:

   2.1. Deseño de tarefas integradas para o traballo competencial.

   2.2.Principios metodolóxicos: as metodoloxías activas.

3.Criterios, instrumentos e procedementos de avaliación.

4.Boas prácticas: propostas curriculares das diferentes áreas / materias / ámbitos.

5.Creación dunha programación en PROENS.

6.Posta en común.

Menús CAFI node R

 

Sección