Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2023

Ven, 18/08/2023 - 13:38

Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral 

Data de publicación DOG:  18/08/2023

Código do procedemento: ED481A

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación da orde no DOG ( ata o 18/09/2023, incluído).

Cal é o obxecto destas axudas?

A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

  • Intensidade da axuda: 100 %

  • Duración das axudas: un máximo de 4 anos

  • Orzamento total: 11.770.800,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.384.800,00 euros)

Número e importe das axudas

  • Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.

  • O importe máximo de cada axuda é de:

  • 24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato

  • 29.000 € durante o cuarto ano

  • 30.000 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral

Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.

  • As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:

  • Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.

  • Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).

  • Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.

  • Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

  • En aplicación do artigo 22.1, letra g) da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, á finalización do contrato por expiración do tempo convido, a persoa traballadora terá dereito a percibir unha indemnización de contía equivalente á prevista para os contratos de duración determinada no artigo 49 do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total de 3.400,00 euros

 

A onde acudir?

Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881995152 / 881995980 Fax: 881999135

Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

Información web: http://www.edu.xunta.gal

Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Rúa Airas Nunes, s/n

15702 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881999213 / 981543991

Email: axudas.gain@xunta.gal

Información web: http://gain.xunta.gal