Apertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade
Mér, 31/05/2023 - 08:09
Apertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar, a través do enderezo electrónico https://www.edu.xunta.gal/datospersoais,o recoñecemento de nova especialidade.
De acordo co preceptuado na orde do 10 de xaneiro de 2012 (DOG do 20 de xaneiro) o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real Decreto 1594/2011 do 4 de novembro, poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades entre o 1 e o 30 de xuño.