Resolución definitiva de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación
Xúntase a Resolución do 20 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).
O persoal concursante poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Orde do 26 de outubro de 2022 (DOG)
Modificación da Orde de Orientación 22-23
Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 26 de outubro de 2022 (DOG)
Resolución provisional do concurso específico de Orientación
Relación provisional de persoas excluídas do concurso específico de Orientación
Resolución definitiva do concurso específico de Orientación
Relación definitiva de persoas excluídas do concurso específico de Orientación
Resolución definitiva do concurso específico de Orientación (DOG)
Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo