L2202019 - Territorio, patrimonio e comunidade. Educando no rural desde a Rede Museística Provincial de Lugo
Os días 3, 5, 24 e 25 de maio desenvolveranse as xornadas L2202019 Territorio, patrimonio e comunidade. Educando no rural desde a Rede Museística Provincial de Lugo en diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Nestas 16 horas presenciais visitaranse os museos de San Paio de Narla, o Provincial de Lugo e o Pazo de Tor. Facilitarase desde Lugo un autobús para os desprazamentos. Non deixes pasar esta oportunidade e inscríbete xa en Fprofe. A inscrición rematará nos próximos días.
1ª xornada: 3 de maio.
Lugar: Museo Provincial de Lugo.
Salvador Cidrás Robles e Vicente Blanco Mosquera, artistas plásticos, profesores da área de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo e promotores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada.
Alejandro González Méndez, mestre de ensino primario e responsable do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela e Noelia Pillado Fraga, mestra de ensino primario e responsable do CEIP de Samos.
Auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante.
2ª xornada: 5 de maio de 2023.
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.
Olaia Fontal Merillas, doutora en Ciencias da Educación pola Universidad de Oviedo e directora do Observatorio de Educación Patrimonial en España.
Auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante.
3ª xornada: 24 de maio de 2023.
Lugar: Museo Pazo de Tor.
Ana Estévez Lavandeira, responsable de Educación e Acción Cultural do Museo Pobo Galego.
4ª xornada: 25 de maio de 2023.
Lugar: Museo Pazo de Tor.
Gemma Carbó Ribugent, doutora en Ciencias da Educación e directora do Museu Vida Rural da Fundación Carulla (L’Espluga de Francolí, Tarragona) e presidenta de INTERARTS.
Auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante.
Obxectivos
1. Analizar os retos que supón educar no rural e as necesidades específicas.
2. Promover e potenciar o traballo en equipo entre institucións educativas, culturais, sociais e institucións.
3. Dar a coñecer redes, proxectos, axentes implicados e novas propostas inspiradoras da Rede Museística Provincial para toda a comunidade educativa.
Contidos
1 .A educación en territorios rurais.
2. O territorio, o patrimonio e a comunidade.
3. O valor da educación. Repensando conxuntamente: museos, familia e profesorado.
4 .Propostas multidisciplinares e transformadoras dos museos da Rede Museística Provincial.