Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, APD, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD e inspectores de educación

Ven, 24/02/2023 - 08:00

Xúntase a Resolución do 23 de febreiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 27 de febreiro ata o 10 de marzo de 2023, ambos incluídos.

  • Para formular reclamacións deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo na súa instancia presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/

1.-Unha vez feita esta comprobación, Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- A ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

  • Para formular renuncia deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

PDF icon Orde do 4 de outubro de 2022 (DOG)

PDF icon Instrución Nº 3/202

PDF icon Corrección de erros. Orde do 4 de outubro de 2022 (DOG)

PDF icon Resolución do 24 de novembro de 2022: Composición da Comisión Avaliadora (DOG)

PDF icon Resolución do 13 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos: vacantes provisionais

PDF icon Anexo I : Vacantes provisionais do corpo 555

PDF icon Anexo II: Vacantes provisionais do corpo 590

PDF icon Anexo III: Vacantes provisionais do corpo 591

PDF icon Anexo IV: Vacantes provisionais do corpo 592

PDF icon Anexo V: Vacantes provisionais do corpo 593

PDF icon Anexo VI: Vacantes provisionais do corpo 594

PDF icon Anexo VII: Vacantes provisionais do corpo 595

PDF icon Anexo VIII: Vacantes provisionais do corpo 597

PDF icon Resolución provisional secundaria e outros

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas secundaria

PDF icon Adxudicación provisional alfabético (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional por especialidade (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (ensinanzas secundaria, formación profesional, artísticas e idiomas)

PDF icon Adxudicación provisional alfabético (inspectores)

PDF icon Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (inspectores)

PDF icon Resolución provisional do corpo de mestres

PDF icon Relación provisional de persoas excluídas do corpo de mestres

PDF icon Adxudicación provisional alfabético

PDF icon Resolución 26 de abril de 2023 publicación vacantes definitivas

PDF icon Anexo I: Vacantes definitivas do corpo 555

PDF icon Anexo II: Vacantes definitivas do corpo 590

PDF icon Anexo III: Vacantes definitivas do corpo 591

PDF icon Anexo IV: Vacantes definitivas do corpo 592

PDF icon Anexo V: Vacantes definitivas do corpo 593

PDF icon Anexo VI: Vacantes definitivas do corpo 594

PDF icon Anexo VII: Vacantes definitivas do corpo 595

PDF icon Anexo VIII: Vacantes definitivas do corpo 597

PDF icon Resolución adxudicación definitiva secundaria e outros (pendente de publicar no DOG)

PDF icon Anexo I: Adxudicación destino definitivo ao persoal funcionario docente dos corpos de secundaria e outros

PDF icon Anexo II: Situación de expectativa de destino ao persoal funcionario do corpo de secundaria e outros

PDF icon Anexo III: Relación definitiva de persoas excluídas (secundaria e outros)

PDF icon Resolución adxudicación definitiva secundaria e outros (DOG)

PDF icon Resolución adxudicación definitiva primaria (DOG)

PDF icon Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo