Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e do corpo de profesores de música e artes escénicas
Xúntase a Resolución do 16 de febreiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594). (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.
Resolución do 28 de novembro de 2022
Resolución provisional do 25 de xaneiro de 2023
Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas
Baremo provisorio especialidades corpo 592
Baremo provisorio especialidades corpo 594
Baremo provisorio especialidade 594406
Resolución definitiva do 16 de febreiro de 2023
Listaxe definitiva de persoas excluídas