Convocatoria dun procedemento para a cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de escolas oficiais de idiomas e profesorado de música e artes escénicas (592 e 594)
Publícase a resolución do 28 de novembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Árabe (592002), Italiano (592012) e Xaponés (592013), do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, e das especialidades de Acordeón (594401), Arpa (594402), Clave (594405), Contrabaixo (594406), Frauta de bico (594411), Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco (594417), Viola da gamba (594432), Danza clásica (594436), Danza contemporánea (594437) e Caracterización e indumentaria (594442) do corpo de profesorado de música e artes escénicas (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 1 de decembro ata o venres día 9 de decembro, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 1 de decembro de 2022.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar a documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.
Resolución do 28 de novembro de 2022 Resolución provisional do 25 de xaneiro de 2023 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas Baremo provisorio especialidades corpo 592 Baremo provisorio especialidades corpo 594 Baremo provisorio especialidade 594406 Resolución definitiva do 16 de febreiro de 2023 Listaxe definitiva de persoas excluídas Baremo definitivo especialidades corpo 592 Baremo definitivo especialidades corpo 594