Apertura prazo de actualización expediente persoal para o persoal funcionario en prácticas dos corpos docentes dependentes desta consellería
Ábrese o prazo desde o día 20 de febreiro de 2023 ata o día 3 de marzo de 2023 (incluído) para actualizar o expediente por parte do persoal docente funcionario en prácticas que non alegou datos durante o prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados.
Poderán actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal alegando os méritos que NON consten ou figuren de xeito incorrecto neste, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais.
A través do dito enderezo web poderán xerar unha solicitude para actualizar e/ou modificar o expediente persoal do seguinte xeito:
1 Acceda á web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais e identifíquese mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.
2. Prema na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)
3. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de prácticas 2023 e prema no botón CREAR NOVA INSTANCIA
4. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación individualizada un documento xustificativo desta.
Só se debe engadir o documento correspondente ao mérito alegado (non é válido engadir un arquivo no que consten unidos varios documentos alegados en diferentes categorías ou apartados do expediente).
A documentación complementaria que se presente neste procedemento (ED011A) pode achegarse só na aplicación web www.edu.xunta.gal/datospersoais sen que sexa preciso que se engada de novo na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.
IMPORTANTE: só se admitirá a última solicitude presentada na sede electrónica. Por esta razón, TODOS os méritos deben alegarse na mesma solicitude. No caso de que vostede esqueza alegar algún mérito, pode crear unha nova instancia creando unha copia da anterior para engadir o mérito ou méritos que non tivese alegado na solicitude anterior.
Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:
Primaria:
correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.gal
Secundaria:
correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.gal