Relación provisional de persoas admitidas e excluidas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de PES e profesores técnicos de FP
Xúntase a Resolución do 9 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluidas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591) convocado por Resolución do 28 de novembro de 2022 (código de procedemento ED003A)
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
Resolución do 28 de novembro de 2022
Relación provisional de persoas excluídas
Resolución definitiva do 25 de xaneiro de 2023
Relación definitivas de persoas excluídas
Baremo definitivo 590107 (Informática)
Baremo definitivo 590113 (Organización e proxectos de sistemas enerxéticos)
Baremo definitivo 590120 (Procesos e produtos de téxtil, confección e pel)
Baremo definitivo 590124 (Sistemas electrónicos)
Baremo definitivo 590125 (Sistemas electrotécnicos e automáticos)
Baremo definitivo 591202 (Equipos electrónicos)
Baremo definitivo 591206 (Instalacións electrotécnicas)
Baremo definitivo 591227 (Sistemas e aplicacións informáticas)