Convocatoria dun procedemento para a cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de ensino secundario e profesorado técnico de Formación Profesional (590 e 591)
Publícase a Resolución do 28 de novembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de informática (590107), Organización e proxectos de sistemas enerxéticos (590113), Procesos e produtos de téxtil, confeccion e pel (590120), Sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario (590), así como das especialidades de Equipos electrónicos (591202), Instalacións electrotécnicas (591206) e Sistemas e aplicacións informáticas (591227) do corpo de profesorado técnico de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A)
Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 1 de decembro ata o venres día 9 de decembro, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 1 de decembro de 2022.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar a documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.
Resolución do 28 de novembro de 2022 Resolución provisional Baremo provisional Relación provisional de persoas excluídas Resolución definitiva do 25 de xaneiro de 2023 Relación definitivas de persoas excluídas Baremo definitivo 590107 (Informática) Baremo definitivo 590113 (Organización e proxectos de sistemas enerxéticos) Baremo definitivo 590120 (Procesos e produtos de téxtil, confección e pel) Baremo definitivo 590124 (Sistemas electrónicos) Baremo definitivo 590125 (Sistemas electrotécnicos e automáticos) Baremo definitivo 591202 (Equipos electrónicos) Baremo definitivo 591206 (Instalacións electrotécnicas) Baremo definitivo 591227 (Sistemas e aplicacións informáticas)