Convocatoria do programa Lectura e Familias, integrado no Plan LÍA 2021-2025 de Bibliotecas Escolares
Ven, 18/11/2022 - 14:55
Achégase arquivo coa Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da convocatoria do programa Lectura e Familias, integrado no Plan LÍA 2021-2025 de Bibliotecas Escolares, dentro das iniciativas para promover a lectura e un uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade escolar nos centros docentes públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares que imparten ensinanzas de infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2022/2023.