L2202012 - Integración da música e o baloncesto na creación de coreografías

O Pavillón do CIFP Politécnico acolle mañá e o sábado esta curiosa actividade
Unha proposta novidosa que combina Música e Educación Física.
Xov, 17/11/2022 - 13:03
coreografias

Os profesores Alejandro Badenes e Roberto García, do CEFIRE de Castellón, chegan á cidade amurallada coa súa novidosa proposta didáctica. L2202012 - Integración da música e o baloncesto na creación de coreografías combina á perfección a Música e a Educación Física así como a súa integración na aula. O Pavillón do CIFP Politécnico acollerá esta curiosa actividade, que se desenvolverá mañá venres en horario de tarde (17:00 a 20:30 horas) e o sábado en doble sesión (10:00 a 14:00 horas e 16:00 a 18:30 horas).

Obxectivos

1. Abordar a expresión corporal desde as áreas de educación física e educación musical.

2. Utilizar o baloncesto como recurso para producir ritmos e traballar a psicomotricidade.

3. Deseñar coreografías como parte de montaxes artísticas individuais e colectivas.

Contidos

1. Posibilidades do son: pulso, ritmo, polirritmia, timbre, forma e estrutura.

2. Desenvolvemento das habilidades motrices básicas, xenéricas e específicas da condición física.

3. Creación de coreografías baseadas no ritmo e movemento empregando material de baloncesto.

Menús CAFI node R

 

Sección