L2202007 - Actuacións en situacións de urxencias sanitarias nun centro educativo
Carlos María Agrasar Cruz será o perfecto mestre de cerimonias dunha das actividades fundamentais para todo docente que se precie. L2202007 - Actuacións en situacións de urxencias sanitarias nun centro educativo afondará naquelas problemáticas que lle poden surxir ao profesorado nun aula. E para as que se require unha actuación rápida e segura. O CFR Lugo acollerá as catro sesións nas que se levarán a cabo as aprendizaxes. As mesmas terán lugar os días 15, 17, 22 e 24 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Obxectivos
1. Coñecer como se poden resolver as principais continxencias relacionadas cos primeiros auxilios nun centro educativo.
2. Dominar técnicas para actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da comunidade educativa.
3. Coñecer protocolos de actuación referidos ás urxencias sanitarias.
Contidos
1. Introdución aos primeiros auxilios.
2. Continxencias máis comúns nun centro educativo.
3. Actuacións fronte aos accidentes no ámbito escolar.
4. Soporte vital básico: RCP adultos e pediátrico.
5. O Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA).
6. Medidas de prevención nun centro educativo.
7. Programas e protocolos institucionais.