Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 do corpo de PES, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de artes plásticas e deseño
Xúntase a Resolución do 13 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de artes plásticas e deseño.
As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), do seguinte xeito:
A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Alegacións” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente
B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Neste caso, o formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 13 DE OUTUBRO DE 2022 e especificar o corpo e especialidade que reclama
- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.
As listaxes provisorias de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/.
Resolución provisional do 13 de outubro de 2022 Anexo I.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 590 Anexo II.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 592 Anexo III.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 595 Resolución definitiva de 24 de novembro de 2022 Anexo I.- Listaxe definitiva de persoas excluídas especialidades corpo 590 Anexo II.- Listaxe definitiva de persoas excluídas especialidades corpo 592 Anexo III.- Listaxe definitiva de persoas excluídas especialidades corpo 595