A Secretaría Xeral de Política Lingüística abre o prazo de inscrición para as probas Celga en 2012

As probas desenvolveranse en Santiago, Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e en noutras cidades de España

A oferta formativa está composta por 125 cursos presenciais destinados á preparación das probas de acreditación de lingua galega

Mar, 17/01/2012 - 13:00
A Secretaría Xeral de Política Lingüística abre o prazo de inscrición para as pr
A Secretaría Xeral de Política Lingüística abre o prazo de inscrición para as probas Celga en 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Diario Oficial de Galicia, publica hoxe a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de competencia en lingua galega, Celga 1, 2, 3, e 4.

O departamento dirixido por Valentín García realizará en 2012 unha quenda de exames, na que se desenvolverán as probas que se realizarán en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Barcelona, Madrid e Ponferrada. O prazo de inscrición para realizas as probas permanecerá aberto ata o próximo 3 de abril.

A través da dirección web www.xunta.es/linguagalega os interesados poderán consultar a listaxe tanto provisional como definitiva de persoas admitidas en cada un dos niveis, a´si como as localidades e horarios para a realización dos exames.

Cómpre sinalar que a convocatoria de formación presencial dos 125 cursos preparatorios para as probas de acreditación dos catro niveis de Celga foi publicada no DOG o pasado 9 de xaneiro e mantén aberto o prazo de inscrición ata o 30 deste mes. Ditos cursos se realizaran entre os meses de febreiro e maio.

A oferta completase cunha convocatoria específica de cursos en liña preparatorio para o Celga 1 que se publicará no mes de marzo no web da secretaría Xeral de Politica Lingüística.

Materiais para preparar as probas

Ademais destes cursos preparatorios específicos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten a disposición da cidadanía, no seu web, www.xunta.es/linguagalega, materiais que facilitan a preparación dos diferentes niveis do Celga mediante o sistema de autoaprendizaxe, así como outros complementarios. Entre estes materiais inclúense os manuais da colección Aula de Galego e diversos modelos de exames pertencentes ás convocatorias anteriores.

A organización dos cursos en galego, así como a oferta de novos materiais didácticos insírense dentro dun dos obxectivos prioritarios do departamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: desenvolver actividades formativas que aseguren unha boa capacitación lingüística en galego, así como fornecer ferramentas e materias de utilidade para mellorar o coñecemento desta lingua.

Menús News node R

Sección