Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado (ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas) para o curso 2022/23

Ven, 30/09/2022 - 11:38

Resolución do 20 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2022/23.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, en que se pechará a aplicación Xade, e a partir desta data non se poderán introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela.