Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2022/23
Ven, 30/09/2022 - 11:32
Xúntase a Resolución do 20 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2022/23.
- O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, en que se pechará a aplicación Xade, e a partir desta data non se poderán introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela.