Convocada a selección de centros docentes públicos para participaren no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2022/23
Ven, 30/09/2022 - 10:26
Achégase a Resolución do 26 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participaren no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2022/23.
- O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 3 ao 17 de outubro de 2022, ambos incluídos.
A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.
Seleccionarase Programas de Éxito Educativo e a continuación, Programa Spring Week 2022-23.