L2203001 - O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

8 horas divididas en dúas sesións
Os relatorios correrán a cargo de Ricardo Gómez Polín e Carlos Sánchez-Montaña
Ven, 23/09/2022 - 13:23
patrimonio

Aínda está aberto o prazo para facer a inscrición nas xornadas L2203001 - O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo. A duración é de 8 horas e desenvolverase en dúas sesións. Os itinerarios didácticos correrán a cargo de Ricardo Gómez Polín e Carlos Sánchez-Montaña.

Esta actividade pretende dotar ao profesorado participante das habilidades necesarias para interpretar a nosa paisaxe, concienciar da importancia da posta en valor do noso patrimonio facendo fincapé nos valores ambientais fomentando actitudes de aprecio e respeto pola contorna visitada e desenvolver as competencias profesionais para planificar propostas curriculares multidisciplinares. 

Obxectivos

1. Achegar ao profesorado a posibilidade de utilizar o patrimonio cultural e a historia locais como recurso didáctico.
2. Desenvolver competencias profesionais cara a elaboración de actividades didácticas utilizando os recursos históricos e patrimoniais da nosa contorna.
3. Coñecer diferentes propostas metodolóxicas susceptibles de ser integradas no currículo escolar.

Contidos

1. O patrimonio histórico e cultural da nosa contorna como recurso didáctico.
2. Posibilidades que ofrecen o patrimonio e a historia locais no marco do deseño curricular.
3. Implementación na aula de actividades arredor do patrimonio local.

Menús CAFI node R

 

Sección