Título node Learning object

Pequeclassics 2ª Ed. : Música clásica e ópera na Cidade da Cultura de Galicia
Xov, 12/01/2012 - 10:27
Pequeclassics

A Cidade da Cultura de Galicia organiza a 2ª edición do Pequeclassics, que terá lugar do 22 de xaneiro ao 10 de xuño de 2012 no Auditorio da Biblioteca de Galicia.
Pequeclassics é un proxecto que trata de achegarlles a nenos e rapaces a paixón pola música clásica e pola ópera a través do xogo e da diversión. O obxectivo principal é que a música chegue a cada espectador sen necesidade de que teña coñecementos previos.

Programa:

  • 22 de xaneiro: "O poliño feo". Para nenos e nenas a partir de 3 anos. Conto popular nun espectáculo de monicreques e luz negra, con música orixinal interpretada en directo.
  • 12 de febreiro: "Ensalada de instrumentos". Para nenos e nenas a partir de 3 anos. Os rapaces poden converterse en músicos e aprender a diferenciar os múltiples instrumentos a través dunha emocionante  viaxe pola súa historia.
  • 4 de marzo: " O son dos metais". Para nenos e nenas a partir de 5 anos. Bach, Mozart e Rossini guiarán aos máis pequenos nun percorrido polos diferentes sons dos instrumentos de vento metal

Todos os días faranse dous pases: ás 12:00 e ás 17:00.

Menús Learning object node R

Sección

Disciplinas