Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2021-2022
Mér, 20/07/2022 - 10:36
Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2021-2022
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral Xeral de Formación Profesional resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (antes, Consellería de Cultura, Educación e Universidade) durante o curso académico 2021/2022.
Ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2021/2022 e se establecen as bases reguladoras para realizalos, seleccionáronse os seguintes proxectos:
- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
Proxecto
|
Centro
|
Concello
|
provincia
|
O poeta que baila
|
IES Marco do Camballón
|
Vila de Cruces
|
Pontevedra
|
IES do Milladoiro
|
Ames
|
A Coruña
|
|
Polo río vai e vén
|
IES de Ponte Caldelas
|
Ponte Caldelas
|
Pontevedra
|
IES de Soutomaior
|
Soutomaior
|
Pontevedra
|
|
RT
|
IES Rego de Trabe
|
Culleredo
|
A Coruña
|
Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño
|
CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
|
Santa Comba
|
A Coruña
|
O galego é música
|
CMUS Profesional Xan Viaño
|
Ferrol
|
A Coruña
|
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 euros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- un proxecto ao que se lle concede unha Mención de Honra:
Obradoiros Navalón. Intervención artística do terreo a través do cultivo das plantas do camiño
|
CEE Manuel López Navalón
|
Santiago de Compostela
|
A Coruña
|
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento do proxecto recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramenteo durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.