Convocatoria dos premios Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2022/23
Ven, 01/07/2022 - 10:01
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica a terceira convocatoria dos premios Innovagal para premiar aos centros cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa.
Nesta convocatoria para o curso 2022-23 establécense dúas categorías para os centros públicos dependentes da Consellería:
Categorías:
- Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
- Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros de educación e promoción de adultos.
Para cada categoría establécese un primeiro premio dotado con 10.000€, un segundo premio con 6.000€, un terceiro premio con 3.000€ e un accésit dotado de 1.000€.
- O prazo de presentación remata o venres 7 de outubro de 2022.