L2202001 - Climatización de vehículos híbridos e eléctricos
Seguimos ampliando a nosa oferta formativa no tocante á Formación Profesional. Neste inicio de xullo traemos unha actividade que non deixará indiferente aos amantes da automoción L2202001 - Climatización de vehículos híbridos e eléctricos. Unhas xornadas de 16 horas que se celebrarán, do 4 ao 6 de xullo, no CIFP As Mercedes de Lugo.
Obxectivos
1.Coñecer os elementos dos sistemas de climatización dos vehículos híbridos e eléctricos.
2.Aprender a manexar os dispositivos de control dos sistemas de climatización.
3.Analizar o correcto funcionamento dos sistemas de climatización dos vehículos híbridos e eléctricos.
Contidos
1.Manipulación dos gases fluorados e os equipos baseados neles.
2.Elementos que conforman os sistemas de climatización en vehículos híbridos e eléctricos.
3.Sistemas de climatización con monóxido de carbono como axente refrixerante.
4.Dispositivos de seguridade e control.
5.Análise do correcto funcionamento dos sistemas de climatización.