L2201004 - Escaneado e reparación de mallas 3D

40 horas de duración do 27 de xuño ata o 1 de xullo
Dúas sesións telemáticas e tres presencias no CIFP Politécnico de Lugo
Mér, 22/06/2022 - 10:55
3d

Hoxe traemos un interesante curso de especialización de FP. Trátase de L2201004 - Escaneado e reparación de mallas 3D, de 40 horas de duración. As dúas primeiras sesións desenvolveranse a través da plataforma Cisco Webex e as tres últimas no CIFP Politécnico de Lugo. Esta actividade levarase a cabo do 27 de xuño ao 1 de xullo en horario de mañá e tarde (08:30 a 14:30 horas e 15:30 a 17.30 horas).

Obxectivos

1.Coñecer os principais tipos de dixitalización 3D, as súas vantaxes, as súas limitacións e as súas aplicacións na industria.

2.Coñecer o proceso e a metodoloxía para dixitalizar pezas e levalo á práctica.

3.Coñecer a metodoloxía de posprocesamento de nubes de puntos.

Contidos

1.Caracterización do proceso de dixitalización 3D.

2.Deseño de obxectos dixitais a partir do escaneo 3D.

3.Reparación de ficheiros STL: software de modelaxe e reparación 3D, eliminación de áreas corrompidas.

Menús CAFI node R

 

Sección