Instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2022/23

Mar, 07/06/2022 - 11:26

Resolución do 25 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2022/23.

  • Prazo de preinscrición:

As preinscricións realizaranse desde o 27 de xuño ao 10 de xullo.

Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo establecido nesta resolución, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II.

  • Período de matrícula ordinaria:

Do 20 ao 30 de xuño, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2022/23 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

  • Período de matrícula extraordinaria:

Do 1 ao 20 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 1 e o 7 de xullo.

A aplicación de matrícula pechará o día 20 de xullo ás 12.00 do mediodía.