Resolución pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia
Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia.
A Comisión de Selección do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, constituída ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, seleccionou como gañadoras as seguintes curtas:
Primeiro Premio
Conto do Miño, do IES Antón Alonso Ríos. Tomiño. Pontevedra
Segundo Premio
Aturuxando nas ondas, do IES Punta Candieira. Cedeira. A Coruña
Terceiro Premio
Unha illa no medio do mar, do IES Valadares. Vigo. Pontevedra
O concurso, destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparten ensinanzas sostidas con fondos públicos (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio), ten como obxectivos:
-
Pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda.
-
Dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa.
-
Promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación.
-
Favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes.
-
Fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas.
-
Estimular a participación e o traballo conxunto entre o alumnado.
A/O docente responsable dos vídeos galardoados co 1º, 2º e 3º premio recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.